Fondo cabecera Concello de Burela
Inicio » Concello » Normativa » Trámites administrativos municipais » Punto de Información Catastral

Punto de Información Catastral

Normativa:

Resolución do 29 de marzo de 2005, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime xurídico de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.

Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral:

Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

Entidades autorizadas para a prestación do servizo:

As corporacións locais e as demais administracións públicas, así como os entes e organismos delas dependentes.

Requisitos:

Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.
Ser titular catastral, o seu representante ou a persoa autorizada por el, para a consulta e certificación dos datos catastrais protexidos dos inmobles da súa titularidade.
Documentación:

Acreditación da identidade. Documento Nacional de Identidade.
Acreditación, no seu caso, da representación ou da autorización.
Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral.

Polo tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da xerencia /subxerencia do catastro, á que o interesado debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco se poderán atender no Punto de Información Catastral as solicitudes dos que se amparen nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.

Localización:

Casa do Concello
Eijo Garay, 20
27880 Burela (Lugo)

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Burela
Concello de Burela
C/ Eijo Garay N°20 – 27880 Burela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 586 000 / 982 580 609 | Fax: 982 585 945
E-mail: burela@burela.org