Fondo cabecera Concello de Burela

Patrimonio artístico

O patrimonio artístico de Burela conta no seu haber, segundo os datos do Patrimonio Histórico-Artístico, cos castros situados nun terreo coñecido como "Chao de Castro", na actualidade parcialmente urbanizado.

A igrexa parroquial de Santa María de Burela (a antiga) localízase en "Vila do Medio" e ten unha nave rectangular decorada no seu interior con pinturas que representan escenas da vida do Señor: O Santo Enterro, A Flaxelación, etc... Aparecen outras pinturas á entrada que foron fixadas recentemente. Estas pinturas caracterízanse por un debuxo claro, utilizando tonalidades ocres, vermellos e brancos, ademais de liñas escuras.

A primitiva igrexa sufriu varias transformacións: no século XVIII construíronse o prebisterio e a sancristía e engadíuselle a capela do Carme a xeito de nave lateral, de maneira que o conxunto arquitectónico quedara equilibrado.

Esta antiga igrexa estivo abandonada durante anos, encontrándose nun estado lamentable, en ruínas, sen teitos e por dentro chea de todo tipo de vexetación. Actualmente xa se finalizou a restauración de todo o conxunto grazas ao esforzo do párroco e un grupo de veciños que lograron rescatar esta igrexa parroquial que durante tantos anos presidiu a vida relixiosa do lugar e foi testemuña da devoción dos homes do mar pola súa patroa a Virxe do Carme, á que sacaban en procesión dende a igrexa ata o porto, acompañándoa con fachos e ao son das múltiples sereas das embarcaciones, para paseala despois polo mar.

Arredor da igrexa hai un adro, antigamente Madoz fala dun "cemiterio que se acha no adro e en nada prexudica á saúde pública".

En Burela de Cabo áchase unha capela coñecida como a de Santa Catalina ou da Concepción que se pechou ao culto a fins do S.XVIII.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Burela
Concello de Burela
C/ Eijo Garay N°20 – 27880 Burela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 586 000 / 982 580 609 | Fax: 982 585 945
E-mail: burela@burela.org