As especies vexetais máis comúns son toxeiras (produto da deforestación do monte), salgueiros, piñeirais, eucalyptus (durante os últimos 25 anos é a especie máis cultivada para o aproveitamento da súa madeira na fabricación de pasta de celulosa e tamén como bordo protector e paramento doutras plantacións) e, por último, as xunqueiras marítimas.
Respecto á fauna que existe no Concello de Burela, hai que sinalar a fauna de monte: corzo, xabaril, raposo, esquíos e martas; e aquela propia das zonas costeiras: aves marítimas como as gaivotas e os corvos mariños, crustáceos como as lapas, bígaros ou caramuxos, ourizos... ademais de abundancia de moluscos que farán máis tarde as delicias da nosa aclamada gastronomía.