Fondo cabecera Concello de Burela

Século XVI

En 1593 Felipe II incorpora á Coroa Real a xurisdición do couto redondo de Santa María de Burela e concede unha carta privilexio a favor do bispo de Mondoñedo de 1502 maravedíes de xuro perpetuo. Así a freguesía de Burela queda separada do dominio do bispo que ha de cobrar a cantidade fixada segundo taxación feita por Hernán Sánchez de la Mata ao cargo das alcabalas da carne da cidade de Mondoñedo. O rei Felipe II ten autorización, concedida por Gregorio XIII, para desmembrar ou vender calquera vila, lugar, fortaleza, xurisdición, vasalos e rendas pertencentes a unha igrexa ou lugar sempre que o valor da renda non exceda os 40.000 ducados.

Ao bispo de Mondoñedo só lle quedan en Burela os décimos de pan, viño, aceite, gandos e outros froitos, deixando de pertencerlle vasalos, xurisdición civil e criminal e o resto das rendas xurisdicionais. A xurisdición leva consigo poder nomear os membros da xustiza, funcionarios municipais e elección de escribáns. Ao ser esta parroquia moi reducida territorialmente pouco supón economicamente pero si que axuda ao prestixio socio-económico do morgado baseado nos bens vinculares que están libres de confiscación.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Burela
Concello de Burela
C/ Eijo Garay N°20 – 27880 Burela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 586 000 / 982 580 609 | Fax: 982 585 945
E-mail: burela@burela.org