Fondo cabecera Concello de Burela

Arquitectura civil

Conta Burela cunha casa Torre situada en Burela de Cabo e unha casa señorial en Vilar.

No testamento dos dous irmáns Fernán Díaz de Ribadeneira e Pedro de Bolaño veñen citados estes dous edificios.

A casa Torre pertencíalle a Fernán Díaz, mentres que o pazo de Vilar era de Pedro de Bolaño.

No S.XIX tense coñecemento da existencia da devandita casa ata que dona María Josefa Quiroga e Moscoso casada con Antonio Ribadeneira Acevedo a vende a don José Sandino Miranda, ao que sucede Ramona Miranda e Mon, que á súa vez a vende a Nicolás Díaz Sánchez.

Actualmente no mesmo lugar construíuse un edificio que só conserva o escudo, no que locen as armas dos Cabarcos e que se coñece como a casa do escudo.

Os donos do Pazo de Vilar descendían de Pedro de Bolaño. Hoxe os novos propietarios reconstruíron a casa aproveitando unicamente as paredes por encontrarse o edificio totalmente en ruínas.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Burela
Concello de Burela
C/ Eijo Garay N°20 – 27880 Burela - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 586 000 / 982 580 609 | Fax: 982 585 945
E-mail: burela@burela.org