Actualidade
Comezo das clases de bordado e bailes de salón
O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DO CONCELLO DE BURELA
INFORMA QUE:
- O vindeiro luns día 11 de xaneiro comeza o segundo turno das clases de bordado que se desenvolverán nos locais municipais situados ao lado da Fundación Expomar todos os días en horario de mañá e tarde.
- O vindeiro mércores día 13 de xaneiro vai dar comezo a actividade de Bailes de Salón programada para esta tempada 2009/10. Este curso desenvolverase nos baixos do local das Asociacións (antiga Praza de Abastos) todos os mércores dende o 13 de xaneiro ata o 28 de maio, tendo como horario de inicio as 21:00 h.
Para máis información aquelas persoas inscritas poden poñerse en contacto co Centro de Información ás Mulleres no 982.58.06.09 ou ben en persoa na Casa do Concello.
-Grazas pola súa difusión-